Rutas de sendeirismo

O Concello de Cuntis ten excelentes condicións para disfrutar da natureza debido a súa riqueza paisaxística, ós ríos que o atravesan, parques, carballeiras e miradores. Conta con diversas rutas de sendeirismo, de longo e curto percorrido.

Rutas de sendeirismo

Rutas de sendeirismo


Dende o centro da vila temos 2 rutas de sendeirismo circulares que comezan na ponte do Balneario:

A Ruta dos Ríos e do Castro: Esta vai ao longo do paseo do río en dirección sur, logo cruza a calzada e vai por detrás do Restaurante Don Manuel ao longo do río gallo, polos pasos de Meira, Outeiro Furado. O camiño segue pasando pola fervenza de herbedo e unha fábrica da luz abandoada,aquí podese achegar un ate chegar a Castrolandín para observar o fermoso castro coas vistas panorámicas de toda a vila e voltar o punto para coller o camiño que leva as pozas e fervenza das Campaiñas. No tramo final pasase polo Monumento o Sagrado Corazón  e de volta por detrás do Restaurante Don Manuel, cruzar a carretera e seguir polo paseo do río ate o punto de comezo.

A ruta dos Petroglifos: Hai que cruzar a ponte do balneario e seguir pola dereita ate chegar o Convento de San Bieito, ali torcer a esquerda e ir polo camiño deixando o convento a dereita. Logo dunha camiñata polo rural chegamos a Petroglifo de Outeiro do Moucho, seguido de Petroglifo do Outeiro de Vales e Petroglifo do Outeiro do Forno da Tella. Logo voltamos pasando o campo de fútbol antigo e entrando en Cuntis polo paseo do río ate a ponte do Balneario.


Outra e a ruta da Ponte do Ramo (PRG-123), que está a uns 8 km do centro da vila. E de deseño circular, dificultade media e cunha lonxitude de 6,5km que nos léva a coñecer parte da riqueza natural, paisaxística e patrimonial de Cuntis e nos sorprende con gravados rupestres, muiños e unha calzada romana.

A Vía Mariana: Recentemente abriuse unha via Mariana que vai dende Braga a Muxía. Esta ruta que pasa por Compostela non é propiamente un Camiño de Santiago sinon que se trata dun recorrido de santuarios. “un camiño de fe, natureza e patrimonio”. Está entre os Milagres de Amil e Valga.

Esta web utiliza cookies para obter datos estatísticos da navegación dos seus usuarios. Preme o botón "Aceptar" para autorizar o seu uso.

Aceptar | Rexeitar | Mais información