Termalismo

As Burgas ou fontes termáis constitúen o núcleo orixinal arredor do que que se foi asentando a poboación.

Termalismo

Termalismo

Estación termal romana

Estas e outras moedas -como aquelas acuñadas en tempos de Tiberio, Traiano ou Constantino II-  foron atopadas no manancial de auga quente "Lume de Deus". O achado descubría máis de 500 moedas de bronce no pozo desta burga, que probablemente fora un lugar terapéutico e de carácter sagrado no que poder entregar ofrendas aos deuses protectores e ás divindades curadoras.

Vemos por conseguinte, que o contorno da Praza de Galiza ten moita potencia arqueolóxica. Neste lugar descubríronse dúas aras romanas con epígrafes case idénticos, nos que se podía ler: "Nymphis C. Antonius Florus"; ou sexa: "Ás ninfas Caio Antón Floro" que nos fai pensar que se traten de dúas ofrendas para a consagración dun Templum ou Fanum de carácter público onde o pobo cría que moraban determinados seres máxicos ou divinos, custodios do manancial de auga quente. Unha terceira ara romana descuberta estaba ofrecida ás ninfas e unha cuarta, dun fermoso deseño, tamén se atopou neste contorno, como aconteceu cunha basa dunha columna de estilo toscano.

Un baño cadrado feito en argamasa aparecía como un novo achado, así como a efixie dunha suposta Minerva Médica, elaborada en bronce e adherida a esa "piscina". A teor disto Cuntis asemella que foi unha importante estación termal de época romana, con templos dedicados aos deuses protectores das augas e instalacións terapéuticas.

Sobre a infraestrutura termal que existiu só temos restos construtivos que nos van ofrecendo unha imaxe global de todo o conxunto, como as canalizacións desa época destinadas á captación de augas coas súas respectivas arquetas que foron atopadas nos xardíns da Horta do Cura.

As burgas na vila

Cuntis, “Aqua Calidae” para os romanos, é unha vila que nace e se desenvolve vinculada á existencia das augas termáis. As Burgas ou fontes termáis constitúen o núcleo orixinal arredor dque que se foi asentando a poboación. Todas as augas son caracterizadas como sulfuro-sódicas, hipertermais e as súas temperaturas poden acadar os 64ºC, como é o caso do manancial Fogo de Deus. O seu uso terapéutico é idóneo contra o reuma, gota, soriase… e no seu tempo foi receitado contra a soidade e sifile. 

Existe un balneario chamado “Termas de Cuntis”, que ten unha forma que nos fai lembrar polo seu aspecto exterior a un pazo almenado, pero ainda que sofreu varias reformas, con conserva elementos decorativos modernistas en cemento. É un dos mellores de España (segundo moitos especialistas) e o de maior superficie termal de Galicia. A el achégase xente de todos os lugares, tanto por motivos de saúde como de relaxación, descanso e de beleza. As novas instalacións balenarias están dotadas das máis modernas técnicas hidroterapéuticas e preventivas. Dispón dunha piscina termal terapéutica, chorros a presión, estufas de vapor, cabina de aromas, masaxes, cabinas de estética, electroterapia, ximnasio, sá de repouso, envolvimentos, etc.

Esta web utiliza cookies para obter datos estatísticos da navegación dos seus usuarios. Preme o botón "Aceptar" para autorizar o seu uso.

Aceptar | Rexeitar | Mais información