Turismo de Cuntis

Ven a visitarnos

Consulta aquí a gran oferta cultural e de natureza para vir vernos e gozar en Cuntis, un dos grandes referentes do termalismo en Galicia.

Turismo en Cuntis

A cabalo entre a Galicia do mar e a Galicia do interior, atopamos cunha terra chea de vida; estamos a falar dunha terra de auga, dunha terra de pedra, estamos a falar de Cuntis

A Vila Termal de Cuntis é unha fermosa poboación rural galega situada ao nordeste da provincia de Pontevedra, na Comarca de Caldas. Ocupa unha superficie superior aos 79 Km2, cun total de 78 entidades de poboación repartidas nas 8 parroquias coas que conta o concello: Arcos de Furcos, Cequeril, Couselo, Baños de Cuntis, Estacas, Piñeiro, Portela e Troáns, nas que residen uns 5.000 habitantes. Limita con concello de A Estrada, Campo Lameiro, Moraña, Caldas de Reis e Valga.

Conformado polo val que forman os ríos Umia e Gallo, unha zona que ofrece magníficas vistas e panorámicas, flanquean a vila dous conxuntos montañosos: Monte Xesteiras con 718 m e Castro Sebil de 550 m.

Moi ben situaado nunha posición estratéxica, Cuntis ubícase entre Santiago de Compostela (27 Km) e Pontevedra (30 Km).

O seu clima atlántico, pero gozando de boas temperaturas no verán, convida ao visitante ao paseo, ao deporte no aire libre, ao disfrute da natureza, a percorrer as rutas de senderismo existentes, pero también á relaxación e ao descanso no seu Balneario.

Conta ademáis con boas comunicacións viarias e de liñas de autobús, que enlazan coa capital galega e provincial e, no verán, coa praia.

Cómo chegar?


Indicamosche as principais rutas por estrada

Sitios de interese


Localiza no mapa os principais puntos de interese turístico

Esta web utiliza cookies para obter datos estatísticos da navegación dos seus usuarios. Preme o botón "Aceptar" para autorizar o seu uso.

Aceptar | Rexeitar | Mais información