A recuperación dun castro

Hoxe en día, Castrolandín é un dos recursos turísticos máis importantes do noso concello.

A recuperación dun castro

A recuperación dun castro

No ano 2000 a Fundación Terra Termarum comenzou os traballos de recuperación do Castro de Castrolandín. Ata entón, só era un lugar esquecido e deteriorado. Ao longo de catro anos, o proxecto centrouse en actividades de difusión e de protección do xacemento, e xa dende 2004 teñen lugar sucesivas campañas de excavación e musealización do poboado con fin de recupéralo como recurso cultural e turístico.

O debandito castro é un poboado fortificado, representativo dunha forma de vida que en Galicia se desenvolve entre o sécula VIII a.c. e o século III a.c., xa en plena romanización. As dimensión do xacemento, xunto co seu estado de conservación, fan posible que nunha breve visita obteñamos unha boa ideade como eran este tipo de poboados.

O poboado estaba defendido por un parapeto de terra coroado por unha muralla de pedra. Un profundo foxo completa as defensas. Ao oeste e norte do recinto principal exténdense varias socalos que tamén puideron estar habitados.

Castrolandín foi poboado só entre o século II a.c. e o século I d.c. cando é definitivamente abandoado.
No castro foron atopadas ata máis de 50.000 pezas, pero o certo é que só atopamos aqueles materiais que conseguiron perdurar ao longo de tempo, como por exemplo a cerámica, e tamén pezas en bronce, ouro, prata e ferro, e restos relacionados coas rutas comerciais do mundo romano.
Hoxe en día, Castrolandín é un dos recursos turísticos máis importantes do noso concello.

Cuntis confírmase década tras década, aparecendo algún hachado. O nome co ue se coñeceu esta vila foi Aqua Calidae, integrada no territorio dos Cilen os, moi próxima á mansión Aquis Celenis (Caldas de Reis) da vía XIX que ía de Lucus (Lugo) a Bracara (Braga). Un dos vestixios más significativos era un baño con varios canos que surtían auga ao interior. Na parte central había unha imaxe de un soldado portando unha lanza e un escudo ou dunha Minerva, ao que se accedía a través dun corredor abovedado, posto que esta construcción foi destruida. Hoxe crese que estaría baixo as instalación do Hotel La Virgen.

Afortunadamente existen numerosos vestixios daquelas marabillosas obras de enxeñería. En Cuntis conservárons algúns restos do que puido ser ou foi un balneario ou terma romana. Tamén hai novas da existencia dunha calzada, unha ponte (destruida en 1905) e algunha outra pegada destra florecente época.

Esta web utiliza cookies para obter datos estatísticos da navegación dos seus usuarios. Preme o botón "Aceptar" para autorizar o seu uso.

Aceptar | Rexeitar | Mais información