Turismo de Cuntis

Festas e romarías

Consulta aquí todas as festas e romarías que teñen lugar no municipio.

Eventos festivos

Festas e gastronomía aparecen especialmente unidos o seguinte domingo de Entroido. A degustación do Lacón con Grelos e Filloas da paso a unha tarde chea de actividades e festexos, como a recuperación do tradicional Enterro do Chapante

Na Romaría do Cabalo concéntrase unha gran cantidade de cabalos e visitantes, ofrecendo actividades coma demostracións equinas, comida campestre, feira e actuacións variadas.

A continuación amosamos o listaxe de festas do concello.

Festas e romarías

6 de xaneiro

Festividade dos Reis Magos (Meira-Cuntis)

23 de xaneiro

Festividade de Santo Ildefonso (Pena de Arriba-Troáns)

3 de febreiro

San Brais (San Mamede de Piñeiro)

Luns de entroido

Santa Apolonia (Mesego-Cuntis)

Seguinte domingo de entroido

Festa do Lacón (Cuntis)

Seguinte domingo de entroido

Enterro do Chapante (Cuntis)

Luns de Pascua

A Virxe do Loureiro (Loureiro de Arriba-Portela)

23-24 de xuño

Cacharelas de San Xoán (Guldrigáns-Troáns, Castrolandín)

29 de xuño

Santo Cristo de Estacas (Estacas)

11 de xullo

San Bieito de Pereira (Pereira-Cuntis)

22 de xullo

A Madalena (Meira-Cuntis)

Do 1 ao 4 de agosto

San Fins de Estacas (Estacas)

Do 15 ao 18 de agosto

Festas patronais (Cuntis)

19 de agosto

Virxe da Pena de Francia (Xinzo-Cuntis)

20 de agosto

Festas de Cequeril

21 de agosto

San Roque de Sebil (Sebil-Cequeril)

Última fin de semana de agosto

San Ramón da Anilada (A Anilada-Arcos de Furco)

Segunda fin de semana de setembro

Festa da Virxe das Dores (Cuntis)

Terceira fin de semana de setembro

Festa da Virxe das Dores (Troáns)

28, 29 e 30 de setembro

San Miguel (Couselo)

1 a 4 de outubro

Patronais de Arcos de Furcos

Segundo domingo de outubro

O Amparo (Magán-Estacas)

12 de outubro

Festa do Rosario (Troáns)

13 de decembro

Santa Lucía de Magán (Magán-Estacas)

Mediados de xuño

Feira do Dezaoito (Troáns)

Esta web utiliza cookies para obter datos estatísticos da navegación dos seus usuarios. Preme o botón "Aceptar" para autorizar o seu uso.

Aceptar | Rexeitar | Mais información